CRTVG

Buscar

O barómetro do CIS, realizado en vésperas do estado de alarma, sostén que o PSOE aumenta a súa vantaxe sobre os demais partidos

Publicado o 25/03/2020 18:46

Dálle case un 32 por cento en intención de voto, un punto máis que o mes anterior e 12 puntos por riba do PP, que tamén sobe. Vox seguiría en terceiro lugar e Unidas Podemos baixaría lixeiramente. O estudo fíxose a primeiros de marzo e non entra de cheo na xestión da crise do coronavirus, pero recolle que un 65 por cento dos enquisados era partidario de que o Goberno tomase medidas urxentes para frear a pandemia. Amais, a sanidade irrompía como terceiro problema para os españois.

Noticias web

25/03/2020