Chega a Vigo o Gure Leire, apresado no Atlántico norte
• No porto de transatlánticos descargáronse 2.500 quilos de cocaína
O Gure Leire chegou pasadas as nove da mañá ao porto de Vigo, ao peirao de transatlánticos. O palangreiro, apresado en augas do Atlántico norte, chegaba escoltado polo buque de operacións especiais Fulmar do Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Desde ese barco de Aduanas, os axentes descargaron fardo a fardo as 2,5 toneladas de cocaína que atoparon no interior do pesqueiro, que aínda que ten base no porto vasco de Ondarroa, a súa armadora é galega. Cando foi interceptado, no seu interior ían sete tripulants, varios deles galegos. Todos eles están pendentes de ser traladados a Madrid para pasar a disposición xudicial na Audiencia Nacional.
Trátase do segundo gran comiso de droga que se realiza en dúas semanas. Hai 15 días, a Garda Civil incautábase de 1,5 toneladas de cocaína ao norte de Cabo Verde.
Está previsto que ao mediodía os responsables da operación fagan declaracións no propio porto vigués.