O Barco de Valdeorras suspendeu todos os actos das súas festas en sinal de dó polo asasinato dunha moza de 28 anos
Publicado o 14/09/2021 12:33

O concello ourensán do Barco de Valdeorras suspendeu todos os actos das súas festas patronais, agás os dirixidos aos máis pequenos, en sinal de dó polo asasinato dunha moza de 28 anos. A vítima, natural do Paraguai, apareceu morta no seu domicilio o venres pasado. Faleceu por asfixia.
As forzas de seguridade continúan a investigar o seu círculo para intentar dar cos responsables. Mentres, a familia agarda no seu país de orixe, a repatriación do corpo para poder enterrala. Era a maior de nove irmáns e o principal sustento económico para eles dende que viñera para España, hai uns tres anos.