CRTVG

Buscar

O Barcelona vence o Lión e clasifícase para os cuartos de final (5-1)

Publicado o 13/03/2019 23:07
O Barcelona vence o Lión e clasifícase para os cuartos de final (5-1)

O Barcelona superou este mércores o Lión (5-1) e asinou o pase aos cuartos de final da liga de Campións, unha eliminatoria que o equipo azulgrá non sentenciou ata o segundo tempo, cando o arxentino Lionel Messi brillou cun gol e dúas asistencias.

O equipo azulgrá mandou no primeiro tempo cos goles de Messi, de penalti (min. 18), e de Coutinho (min.31), pero o seu rival recortou distancias no segundo cun tanto de Lucas Tousart (min.58). No minuto 78, Messi volveu aparecer para anotar o terceiro nunha xogada individual aproveitándose dunha recuperación de Ivan Rakitic.

Co Olympique de Lión buscando entrar de novo na eliminatoria, Pique anotou o cuarto nun contraataque iniciado por Alba e conducido por Messi, que no 86 serviu o quinto a Ousmane Dembélé noutra rápida transición.

Noticias web

13/03/2019