O Barcelona pon a proba o proxecto do Obradoiro
Publicado o 12/09/2019 18:04
E en dous días preséntase o Obradoiro no Sar. Amigable co Barcelona. Curiosamente, a quince días de iniciar a ACB co equipo azulgrá. Equipo remodelado. Cada temporada Moncho Fernández obrigado a convencer ás novidades qué significa o feito de xogar no Obradoiro. Traballo de campo, co tractor como axuda. E coa experiencia de baluartes como Vasiliadis.