CRTVG

Buscar

O Barcelona golea en Kiev e clasifícase para a oitavos da Champions

Publicado o 24/11/2020 23:04
O Barcelona golea en Kiev e clasifícase para a oitavos da Champions

O Barcelona venceu por 0-4 o Dinamo de Kiev con dous goles de Martin Braithwaite, un de Sergiño Dest e outro de Antoine Griezmann e clasificouse matematicamente para os oitavos de final da liga de Campións.

O estadounidense Dest abriu o marcador no minuto 52 cun disparo cruzado e Martin Braithwaite ampliou a distancia no 57 cun remate no segundo pau despois de que peitease o balón coa cabeza o debutante Óscar Mingueza. O mesmo Braithwaite sentenciou o encontro desde o punto de penalti no 70 e Griezmann fixo o cuarto no 90.