CRTVG

Buscar

O Barcelona empata en París e cae eliminado na Liga de Campións (1-1)

Publicado o 10/03/2021 23:00
O Barcelona empata en París e cae eliminado na Liga de Campións (1-1)

O Barcelona caeu eliminado na liga de Campións tras empatar 1-1 ante o Paris Saint-Germain no Parque dos Príncipes na volta dos oitavos de final.

Kylian Mbappé adiantou os parisienses no minuto 30 de penalti; cometeuno Clément Lenglet sobre Mauro Icardi. Pero o Barça reaccionou rapidamente, no 37, mediante Leo Messi, quen executou un disparo desde 30 metros que se coou pola escuadra dereita de Keylor Navas.

O xogador arxentino tivo a oportunidade de poñer o equipo azulgrana a tan só dous tantos da prórroga desde o punto de penalti no 45+7, pero Navas e o traveseiro evitaron o gol. No segundo tempo xa non se moveu o marcador e o 1-4 da ida ditou a eliminatoria.