O Barcelona empata co Lión e deberá gañar no Camp Nou para pasar a cuartos (0-0)
Publicado o 19/02/2019 23:13

O Olympique de Lión e o Barcelona empataron a cero na ida dos oitavos de final da liga de Campións, un resultado que obriga o equipo español a gañar no Camp Nou para clasificarse aos cuartos de final. O equipo azulgrá dominou co balón ao longo dos 90 minutos, pero non acabou de aproveitar as múltiples ocasións de gol de que gozou, especialmente no segundo tempo, cando os seus xogadores tiveron a pólvora mollada.