CRTVG

Buscar

O Barcelona e o Sevilla sofren para gañar na Champions

Publicado o 04/11/2020 23:03
O Barcelona e o Sevilla sofren para gañar na Champions

Un gol de Leo Messi de penalti (min. 5) e outro de Gerard Piqué de cabeza (min. 65) deron o triunfo ao Barcelona ante o Dinamo de Kiev, que fixo sufrir os azulgrás co gol de Tsygankov (min. 75). E iso que o Barcelona dispuxo de múltiples ocasións de gol para sentenciar o encontro con antelación. Pero non foron aproveitadas, en gran parte por culpa do novo porteiro Ruslan Nescheret. No último cuarto de hora de partido os de Ronald Koeman sufriron para amarrar o triunfo, que finalmente se confirmou grazas a tres man a man que salvou Ter Stegen, quen regresou ao equipo despois da súa lesión

O Sevilla gañoulle por 3-2 ao Krasnodar e afiánzase como colíder do Grupo E da Liga de Campións, igualado a 7 puntos co Chelsea, tras un partido pleno de garra en que remontou cun dobrete do marroquí Youssef En-Nesyri nunha segunda metade en que xogou cun menos pola expulsión de Jesús Navas cerca do descanso.

Tras dominar un primeiro tempo en que se viu sorprendido polos rusos, que chegaron a poñerse cun 0-2 cun golazo de falta de Shapí Suleymanov e outro de penalti do sueco Marcus Berg, logo recortado polo croata Ivan Rakitic no 42, o Sevilla superou as adversidades no segundo e, con fe e afouteza, empuxou o seu rival e logrou darlle a volta ao marcador con dous goles de En-Nesyri e un menos no campo.