CRTVG

Buscar

O Barcelona anuncia o adeus de Messi e culpa a normativa da Liga

Publicado o 05/08/2021 23:20

A nova que saltou como unha bomba esta tarde en todas as redaccións é a saída de Messi do Barcelona. Xa é oficial a non renovación do astro arxentino. O Fútbol Club Barcelona emitiu un comunicado minutos antes das oito en que anunciaba que Messi "non continuará ligado ao Barça". Engadía, literalmente, que o preacordo pactado entrambas partes hai unhas semanas non poderá formalizarse "debido a obstáculos económicos e estruturais" que o club imputa á normativa da Liga española. Unha nova e alcance que dará moito que falar de aquí en diante.

Noticias web

05/08/2021