O Banco Sabadell anuncia un ere que incluirá prexubilacións e un plan de recolocacións
Publicado o 30/08/2021 13:46

O Banco Sabadell anuncia un procedemento de despedimento colectivo que afectará todos os centros de traballo.
A dirección da entidade comunicoulles aos representantes dos traballadores o seu plan, que contempla xubilacións e baixas incentivadas pero non concreta o número de persoas afectadas.
Os sindicatos consideran que se trata dun ere inxustificado e cren que o Sabadell podería pechar o 30 por cento das súas oficinas. En 2020 xa prescindira de 1.800 traballadores.