O Banco de España únese aos autónomos e pide axudas directas
Publicado o 10/02/2021 17:31
É unha petición que levan tempo facendo as distintas asociacións de traballadores autónomos e agora nesa reivindicación atopan un importante aliado. Para o Banco de España, os créditos ICO xa non son a solución, pois agora só serven para endebedar aínda máis as empresas
É o momento de pór en marcha novos instrumentos de financiamento e, igual que xa fixeron outros países da contorna, eses instrumentos non poder ser outros que axudas directas a autónomos e pemes.
O Banco de España tamén alerta sobre a morosidade. Calcula que se vai multiplicar por dous e di que crise afectará máis as comunidades do Mediterráneo que as do Atlántico.