CRTVG

Buscar

O Banco de España cuestiona a suba de impostos e a das pensións e os soldos públicos

Publicado o 04/11/2020 12:38

Comparecencia do gobernador do Banco de España para informar sobre os presupostos. Avisa de que a recuperación económica, histórica no terceiro trimestre, vai pisando o freo. 

E cre que ese crecemento máis feble pode traducirse en menos ingresos dos previstos nos presupostos. Sobre as medidas concretas, non comparte a suba de impostos.

E tamén cuestiona o incremento de pensións e salarios públicos nun contexto en que os prezos non están subindo. Defendeu aumentos máis focalizados, por exemplo, só para os sanitarios.

Noticias web

04/11/2020