O Banco de España augura un rebote do consumo a partir deste verán
Publicado o 21/07/2020 18:34

O organismo regulador cre que o peche de negocios durante o estado de alarma obrigou a aprazar compras, sobre todo de produtos duradeiros. Esa sería unha das razóns de que taxa de aforro dos españois aumentase un 3% durante o confinamento. Os autores do estudo aclaran que a repunta do consumo dependerá da proporción de empregos que se salven grazas aos ERTE.