O Banco de Alimentos Rías Altas repite en 193 supermercados a campaña Maio solidario
Publicado o 12/05/2019 13:25
Hai moitos adxectivos que lle podemos aplicar a este mes de maio, pero hoxe imos quedar cun que nos gusta especialmente, o de solidario.
Desde hai sete anos realízase durante este mes unha campaña de recollida de alimentos nos supermercados dunha coñecida cadea galega. É o chamado Maio solidario, do que imos falar con Concepción Rey, presidenta do Banco de Alimentos Rías Altas.