O Balonmán Porriño cae na casa ante o Granollers
Publicado o 11/11/2020 21:32
O Balonmán Porriño caeu na casa diante do intratable Granollers, que conta os seus partidos por vitorias. Foi un encontro moi igualado, ao descanso gañaban as catalás por só un gol de diferenza, 12-11. No segundo tempo, o Granollers conseguiu unha renda de 5 goles que se reduciu a só 2 cando faltaba un minuto mercé a unha gran reacción porriñesa. Pero as líderes souberon asegurar o triunfo. Segunda derrota consecutiva para as de Ismael Martínez.