CRTVG

Buscar

O avogado que denunciou a Podemos di que é vítima dunha campaña de acoso

Publicado o 14/08/2020 13:27
O avogado que denunciou a Podemos di que é vítima dunha campaña de acoso

O avogado que denunciou a Podemos fala dunha trama de financiamento ilegal, e sinala os tres investigados como as persoas que presuntamente sacaban diñeiro de forma irregular da caixa de solidariedade do partido.

Na súa declaración ante o xuíz, que publican varios medios, tamén recoñece que non ten probas que demostren as acusacións. Hoxe pronunciábase nas redes sociais. Di que as declaracions publicadas están recortadas, e que é vítima dunha campaña de insultos e acoso para que non siga adiante coa denuncia.

Noticias web

14/08/2020