O avogado da familia Quer asegura que a defensa se viu favorecida polo aprazamento
Publicado o 26/11/2019 20:07
Fiscalía e acusación particular xa presentaron onte as súas conclusións. O avogado da familia Quer cre que a defensa de Abuín se viu favorecida polo aprazamento ata hoxe da súa exposición.
Ricardo Pérez Lama, avogado da familia de Diana Quer: "Obviamente, é unha vantaxe, ten máis tempo para rebater calquera alegación que fixeran as acusacións. Xa me gustaría a min estar na súa posición".