CRTVG

Buscar

O aviso de Coudet: "Cando nos relaxamos non nos sobra nada"

Publicado o 10/01/2021 10:31

O Celta viña dunha gran serie de resultados e a derrota diante do Vilarreal parece que devolveu o conxunto celeste á súa realidade. Cando menos é o que asegura o seu adestrador, o Chacho Coudet. "Viñamos de sumar moitos puntos en poucos partidos e iso levounos a desviarnos e relaxamos, e cando nos relaxamos non nos sobra nada".

A fórmula do éxito tena clara o adestrador: "Temos que volver apertar, traballar, saber as nosas virtudes e sobre todo as nosas limitacións". Unha mensaxe para o que vén por diante no campionato. 

Noticias web

10/01/2021