CRTVG

Buscar

O aviso amarelo por vento no litoral da Coruña e Lugo anticipa a chegada da chuvia

Publicado o 19/10/2021 16:54

Pouco despois do mediodía comezaba xa a notarse a intensidade do vento, con refachos que chegaron a superar os 70 quilómetros hora en Vimianzo. Pero o aviso amarelo activarase a partir das seis da tarde, con ventos de compoñente sur que poderán chegar a forza 7 na Costa da Morte.

A chuvia chegará pola noite, con aviso amarelo xa de madrugada, cando se poden acadar os 15 litros por metro cadrado nunha hora. Mentres tanto quédanos gozar das temperaturas, que na Coruña superan os 25 graos.



 

 

Noticias web

19/10/2021