CRTVG

Buscar

O avance da cepa india no Reino Unido preocupa o sector turístico

Publicado o 25/05/2021 15:06

O avance da cepa india no Reino Unido puxo en alerta o sector turístico de toda Europa poucas semanas antes de que comece o verán. 

Volven saltar todas as alarmas xusto nun momento en que motos países europeos, incluído España, agardaban que esta tempada de verán permitise unha certa recuperación económica. Pero o avance da variante india no Reino Unido levou xa a Alemaña a impoñer corentena de 14 días a todos os vaixeiros procedentes deste país.

O propio Goberno de Boris Johnson pediu aos seus cidadáns que non viaxen ás zonas de Inglaterra máis afectadas pola variante india. Todo isto aumenta o temor dos hoteleiros españois, xa que os británicos representan unha cuarta parte de todos os turistas que chegan a España.  

Noticias web

25/05/2021