O autor do tiroteo de Vilanova paga 30.000 euros de fianza para evitar o cárcere
Publicado o 01/04/2021 12:44

Quen de momento evitou a prisión provisional foi o acusado do tiroteo da pasada fin de semana en Vilanova de Arousa. Fíxoo despois de abonar 30.000 euros de fianza.
Quedou en liberdade con cargos, en concreto o de homicidio en grao de tentativa. A outra persoa detida tamén quedou libre e non chegou nin a declarar ante o xuíz.