CRTVG

Buscar

O autor do tiroteo da Universidade do País Vasco mercou a escopeta en Milanuncios

Publicado o 14/10/2021 20:10

O autor dos disparos no campus de Leioa, da Universidade do País Vasco, levaba a escopeta e 75 cartuchos agochados na funda dunha guitarra, segundo informou o Goberno autonómico.

O voceiro do Goberno vasco sinalou que o detido obtivo a licenza par armas de caza menor recentemente e mercou a escopeta no portal de Internet Milanuncios. Engadiu que se trata dun estudante da facultade de Ciencias de 21 anos cun bo expediente académico.

Noticias web

14/10/2021