CRTVG

Buscar

O autor do atropelo mortal en Pontevedra, investigado por homicidio e homicidio en grao de tentativa

Publicado o 26/05/2021 19:34

Avoa e neta camiñaban pola beirarrúa. Ao ver que se achegaba un coche, a muller empurrou a pequena a un lado. O seu xesto salvoulle a vida.

"O coche primeiro bateu contra a beirarrúa, rebota e logo bate contra un vehículo". "Tivo a habilidade a muller de empurrala cara ao muro co fin de salvarlle a vida", explica Manuel Omil, axente da Policía Local 

A nena está grave, pero non se teme pola súa vida. Desafortunadamente a avoa non puido esquivar o impacto do coche e faleceu no acto.

"Viña con tanta velocidade que faleceu no acto, a avoa estaba tirada aí e a meniña preto do muro", din os veciños. 

O condutor ten 19 anos, e só sete meses de carné. Acúsano dun delito de condución temeraria. Agora está en liberdade á espera de xuízo.

Noticias web

26/05/2021