O autor confeso do triplo crime de Valga estará dous anos máis en prisión provisional
Publicado o 26/08/2021 12:43

José Luis Abet, autor confeso do triplo crime de Valga, permanecerá dous anos máis en prisión provisional polo asasinato da súa exmuller e da nai e da irmá da mesma no 2019. Será efectivo a partir do 16 de setembro, cando cumpriría o tempo máximo inicial previsto pola lei, de dous anos.
Así o fixo saber o Xulgado de Instrución número 2 de Caldas de Reis. Abet continuará no cárcere ata que se celebre o xuízo, que se prevé para finais deste 2021 na Audiencia Provincial de Pontevedra.
O Xulgado de Caldas está á espera de recibir un informe forense do imputado para pechar o sumario e poder celebrar así a audiencia preliminar.