CRTVG

Buscar

O autoproclamado presidente Guaidó asegura que entrará a axuda humanitaria en Venezuela

Publicado o 23/02/2019 10:27

O presidente do Parlamento de Venezuela e autoproclamado presidente interino, Juan Guaidó, conseguía chegar onte a Colombia. Alí foi recibido, entre outros, polo presidente colombiano, Iván Duque. Chegou para asistir a un concerto de artistas internacionais polo seu país e para visitar en Cúcuta un centro de acopio de axuda humanitaria.

Alí Guaidó afirmou que as forzas militares de Venezuela axudárono a entrar en Colombia, despois de que Maduro pechara totalmente a fronteira. Asegurou ademais que a axuda humanitaria entrará esta sábado en Venezuela. 

Noticias web

23/02/2019