CRTVG

Buscar

O aumento do caudal do río Azúmara, fai activar a prealerta na zona de Lugo

Publicado o 28/11/2019 22:25
O aumento do caudal do río Azúmara, fai activar a prealerta na zona de Lugo

Os servizos de Emerxencias activaron a fase de alerta do Plan de Protección Civil por inundacións, ante a enchente dos ríos Umia e Verdugo. Así o informou o 112 Galicia con motivo do aumento dos caudais nos leitos fluviais e ante a posibilidade de "pequenas inundacións".   

Agárdanse subidas repentinas de caudal e desbordamentos "puntuais" de terreos, espazos urbanos e propiedades. Por este motivo, insta a abandonar as actividades neses espazos, para reducir os riscos. Retirar os vehículos da marxe dos ríos ou evitar atravesar pontes son algunhas das súas recomendacións.

Ademais, o Centro de Control de Cunca da Confederación Hidrográfica do Miño Sil observou un aumento significativo do caudal do río  Azúmara, especialmente polo lugar de Reguntille, en Ligo.  Activouse o nivel de  prealerta neste río co obxectivo de manter o control e o seguimento do caudal, ante as posibilidades de enchente repentina dos niveis de auga.

No tocante ás precipitacións, os puntos galegos nos que foron máis abundantes situábanse en estacións emprazadas por baixo dos 900 metros de altura, sobre todo en Fornelos de Montes (Pontevedra), con 49,4 litros por metro cadrado, e en Forcarei (49 litros por metro cadrado). As choivas tamén foron intensas en Poio e Cuntis, na mesma provincia, con 44,3 e 44,1 litros por metro cadrado, respectivamente, e tamén no municipio coruñés de Lousame, con 41,5 litros.