CRTVG

Buscar

O mercado turístico portugués atrae empresas galegas

Publicado o 11/10/2021 16:08

Os anos de despegue turístico que vive Portugal non están sendo desaproveitados polas empresas galegas de hostalería. Varios grupos de hoteis teñen o ollo posto no mercado dos nosos veciños que están tanto de moda. Os primeiros hoteis galegos son alí todo un éxito e nesta ponte, por exemplo, están ao 100%. 

Jon chegou hai unhas semanas ao Porto para poñer andar o Hotel Oca Oriental. A súa empresa leva anos vendo claro que a capital do norte de Portugal era un lugar idóneo para comezar proxectos. Entrar en Portugal para os galegos é sinxelo e vívese como algo natural. 

Ao outro lado da cidade hai está outro dos mellores hoteis do Porto, tamén galego. O Carrís Ribeira é dos favoritos para quen quere estar no centro turístico da cidade e destaca por iniciativas que achegan fan eurorrexión, como cando antes da pandemia estiveron os mellores cociñeiros galegos nunhas xornadas gastronómicas deixando unhas das pegadas que se nos dá mellor aos galegos, a gastronómica, e polo que vemos tamén a das hoteis con encanto. 

Noticias web

11/10/2021