CRTVG

Buscar

O Atlético tampouco pode co Chelsea en Londres e queda eliminado (0-2)

Publicado o 17/03/2021 22:56
O Atlético tampouco pode co Chelsea en Londres e queda eliminado (0-2)

Un gol de Hakim Ziyech no minuto 38 e outro de Emerson nos últimos instantes para o Chelsea eliminaron este mércores o Atlético de Madrid dos oitavos de final da liga de Campións no partido de volta en Stamford Bridge, no que o conxunto branquivermello nin se achegou a levantar o 0-1 en contra da ida, con contadas oportunidades.

O contragolpe que supuxo o 1-0, que partiu dun centro á área de Kieran Trippier, marcou a diferenza. Conduciuno Kai Havertz, acelerouno Timo Werner e culminouno Hakim Ziyech a pase do atacante alemán. A acción rápida noqueou definitivamente o Atlético, que apenas creou oportunidades de perigo real este mércores, quizá nada máis algún intento de Joao Félix, sobre todo o último, no 92. Despois chegou o 2-0 de Emerson noutro contraataque.

Xa non estaba Luís Suárez, que foi cambiado a falta de media hora, cando o Atlético necesitaba dous goles para pasar a eliminatoria, nin Stefan Savic, expulsado minutos antes.