CRTVG

Buscar

O Atlético pode gañar a Liga na penúltima xornada

Publicado o 16/05/2021 15:26

A liga máis competida dos últimos anos podería ter dono este domingo. O Atlético, único dos candidatos que depende de si mesmo, proclamariase campión se derrota o Osasuna e o Real Madrid non gaña en San Mamés. Con este obxectivo, Simeone encoméndase a Luis Suárez, goleador nato en tempos de seca.



Co Barcelona descabalgado da pelexa tras os esvaróns das últimas xornadas, só o Real Madrid se presenta como rival serio. Encantados de verse nun papel que lles vai como anel ao dedo, os brancos anuncian batalla ata ao final mentres Zidane mestura no seu discurso agradecemento e despedida.


Diversos medios dan por feita a saída do francés. Todo apunta a que o vestiario está ao tanto dunha decision firme e moi meditada. Queda por saber se o fará cun novo título no peto. Sería o décimo segundo.




 

Noticias web

16/05/2021