CRTVG

Buscar

O Atlético Novás, a un paso da Asobal

Publicado o 07/05/2021 21:20

Co Cisne descendido e o Cangas loitando pola permanencia, o balonmán galego ten aínda esperanzas de contar cun novo representante na Liga Asobal. O Acanor Novás do Rosal, que mañá xoga un partido decisivo contra o Antequera.  Se gaña por máis de dous goles ao Antequera, ocupará a segunda praza da liga á falta de tres partidos. E ascenden dous conxuntos. O guión está escrito e os actores, preparados para un asalto de película. A Asobal está preto. "Estamos case tocando ese soño e a ver se podemos conseguilo", di Andrés Vila, o extremo esquerdeiro do club do Rosal.

Lloria ten 4 ascensos á Asobal: Octavio, Teucro, Guadalaxara e Huesca. A voz da experiencia fala do partido coma "decisivo, porque se non (gañamos) poríanse a 4 puntos".  Pedro Aymerich apunta que "non temos ningunha presión, imos desfrutar e a ver que sae. Calquera de nós ao principio da temporada asinaría estar onde estamos"

Xogadores que cada día percorren uns 55 km, Vigo-O Rosal, nunha viaxe cara o ascenso.

Balonmán. O Rosal, ante un momento histórico. Meter na elite ao Acanor Novás