CRTVG

Buscar

O Atlético non pasa do empate co Lokomotiv

Publicado o 03/11/2020 21:42
O Atlético non pasa do empate co Lokomotiv

Na Liga de Campións, parecía que ía ser unha tarde plácida para o Atlético, pero como se lle complicou o partido. Giménez adiantaba o equipo colchoeiro cunha gran testada a centro de Herrera que sorprendía a Guilherme. Pero só 6 minutos despois, o propio Herrera ía ser protagonista na outra área. Benoît Bastien recibe o aviso do VAR e asubía penalti. Antón Miranchuk empataba o encontro desde os 11 metros. A segunda metade foi un asedio constante do equipo de Simeone, pero por moito que o intentaron non conseguiron marcar outro gol.

Noticias web

03/11/2020