CRTVG

Buscar

O Atlético Guardés remonta e xogará a fase final da Copa da Raíña

Publicado o 08/04/2021 13:01

O Atlético Guardés remonta e xogará a fase final da Copa da Raíña. O equipo que dirixe José Ignacio Prades gañoulle ao Zuazo por 28 a 19 no partido de volta, xogado na Sangriña. Na ida o Atlético Guardés perdera por tres goles en Barakaldo.

Excelente traballo do Guardés tanto en defensa como en ataque. Sandra Santiago con sete goles e Paula Arcos con nove tantos foron as xogadoras máis acertadas na portería do Zuazo.

Noticias web

08/04/2021