CRTVG

Buscar

O Atlético Guardés está en semifinais da Copa da Raíña logo de derrotar o Balonmán La Calzada

Publicado o 21/05/2021 21:13

O Atlético Guardés xa está nas semifinais da Copa da Raíña. As xogadoras de José Ignacio Frades fixeron bos os prognósticos e dominaron o seu partido co Balonmán La Calzada. Xa ao descanso a vantaxe das guardesas era de sete tantos, 16 a 9. Na segunda metade, as guardesas controlaron as diferenzas. As xixonesas chegaron a poñerse a tres goles, pero o Guardés reaccionou para acabar gañando por 30-24. A semifinal enfrontará o Guardés co gañador do Rocasa-Valladolid.


 

Noticias web

21/05/2021