CRTVG

Buscar

O Betis destitúe a Rubi logo de perder en Bilbao (1-0)

Publicado o 20/06/2020 19:05

Case ás 03:00 da mañá o Real Betis comunicou o despedimento de Rubi como adestrador do primeiro cadro. Levaba moitas xornadas cuestionado polos resultados, por debaixo das previsións, e o técnico catalán foi á fin cesado. O seu lugar ocuparao de xeito provisional Alexis Trujillo, o que fora capitán bético na década dos noventa.