O Athletic derrota por 1-0 o Granada e deixa a eliminatoria aberta
Primeiro paso, pero escaso, do Athletic para estar na final da Copa derrotando un Granada moi superado polo entorno. Aínda así, comezou con brío e Yangel Herrera compromete a Unai Simón no primeiro cuarto de hora de partido.
No pañol dos méritos especial mención á parella Williams-Muniain. Deles foi o gol da vitoria. Minuto corenta e dous de partido, controla Williams en carreira e afociña contra a liña de fondo, descarga raso á área pequena e alí chega Muniain para poñer o partído en franquía.
O VAR certifica a legalidade da recepción de Williams e co sotaque de clara vantaxe local remata a primeira parte. Xa na segunda, Williams desencadeado corre coma unha centella encara a Vallejo, racha por dentro e lanza a porta desviado en altura.
Acto seguido gol de Capa cun potente lanzamento a porta tras recoller na frontal da área e balón a mallar na rede. A vídeo arbitraxe acabaría anulando o gol polo criterio de posición e influencia.
Era un gol importante e que os bilbaínos poden botar moito de menos na volta. A eliminatoria decídese nos Cármenes.