CRTVG

Buscar

O ataque dun xabaril deixa ferido moi grave un cachorro de can

Publicado o 13/08/2019 13:51

Un cachorro está en estado moi grave despois de ser atacado por unha manda de xabarís que levan tempo causando estragos nun barrio de Mourente, en Pontevedra. Os animais baixan dun monte lindeiro en busca de comida mesmo a plena luz do día.

Nos tres meses da súa curta vida, Billy Joe xa volveu nacer. Este cachorro de beagle e podenco recupérase das graves feridas causadas por un xabaril na horta lindeira á súa casa. 

A familia, que estaba durmindo na vivenda, acordou cos berros do ataque pero tiveron que agardar a que o xabaril marchara para auxiliar o can. Eles sospeitan que mesmo puido tratarse de máis dun exemplar e que proceden dun monte lindeiro.

Hai oito anos perderon outra mascota nas mesmas circunstancias e alertan do empeoramento da situación.

Noticias web

13/08/2019