CRTVG

Buscar

O At. Guardés non xogará a final da EHF European Cup

Publicado o 03/04/2021 20:57

En balonmán, o Atlético Guardés non puido clasificarse para a final da EHF European Cup diante do Rincón Fertilidad Málaga. Málaga 21-Atl. Guardés 19. Perdeu no partido de volta por dous goles, pero o que pesou realmente foi o menos cinco da Sangriña.

Nunha excelente primeira metade, as galegas tiveron ata catro tantos de renda. No segundo tempo, careceron de eficacia ofensiva e permitiron que o rival lles remontase o partido. O Rincón xogará a final da competición copeira diante do Lokomotiva Zagreb.

Noticias web

03/04/2021