CRTVG

Buscar

O ascenso do Breogán, un pulo á economía lucense

Publicado o 21/06/2021 21:37

En Lugo hai moita ledicia polo logro deportivo pero tamén polo que este ascenso do Río Breogán a ACB pode supoñer para a cidade. Ninguén se atreve a dar cifras neste tempo de pandemia, pero no sector turístico todos coinciden en que hoxe en día o turismo vencellado ao deporte supón un grande impacto económico para a cidade.

Se Lugo xa é coñecida fora polos seus monumentos patrimonios da humanidade, agora conta cun novo atractivo para incrementar o número de visitantes durante todo o ano.

Por iso a hostalería luguesa está tamén de parabéns. Sábeno ben porque o equipo pasou 24 anos, a metade da súa historia, na máxima categoría, e iso, din, axudou a que chegasen aos seus negocios clientes de toda España.

Noticias web

21/06/2021