CRTVG

Buscar

O ascenso á ACB decidirase no último partido en Granada

Publicado o 17/06/2021 22:50

O Breogán cumpriu e gañou o segundo partido da serie en Lugo ante o Granada (81-78). Daquela, o ascenso á ACB decidirase nun cara ou cruz na pista de Covirán. O partido volveu ser de máxima emoción e igualdade. No último cuarto, o Breogán deu un golpe enriba da mesa e foise doce puntos arriba (74-62), pero Granada volveu (76-73) para meterlle emoción ao treito final. Ahonen acertou nos dous últimos tiros libres e os visitantes executaron un tiro moi precipitado para forzar a prórroga. 

Noticias web

17/06/2021