O asasino da pequena Naiara seguirá no cárcere
Publicado o 09/02/2021 18:06

O Tribunal Superior de Xusticia de Aragón confirmou a prisión permanente revisable para Iván Pardo. Condenárono por torturar a súa sobriña política ata a morte. Ocorreu en xullo de 2017, cando a cativa tiña 8 anos. Durante 5 horas recibiu descargas eléctricas, queimaduras, golpes na cabeza e cintazos na planta dos pés. E todo mentres estaba axeonllada sobre grava e cun calcetín na boca para que non se oíran os berros. O padrastro e súa nai manteñen a condena a 2 anos por consentir e alentar os castigos á pequena.