CRTVG

Buscar

O asasino da muller de Moraira tivera unha orde de afastamento

Publicado o 19/02/2020 20:23


Máis de dúas horas permaneceron os axentes do laboratorio de criminalística rexistrando a inmobiliaria do autor confeso do crime. O detido estivo presente en todo momento acompañado polo seu avogado.

Os investigadores buscan pistas para dar coa arma homicida, un coitelo grande, e tamén para determinar se é certa a versión dos feitos que lle deu o detido durante o interrogatorio no cuartel. Tamén rexistraron a vivenda onde residía a parella. Ainda asi, a Garda Civil cre que a matou na inmobiliaria e que despois trasladou o corpo á urbanización onde vendera algunhas propiedades e botou o cadáver a un colector. O detido ten antecedentes por violencia de xénero. En xullo pasou unha noite no calabozo pero a muller non quixo denuncialo nin tampouco quixo declarar contra el, que finalimente foi absolto.

Araceli Poblador, subdelegada do Goberno en Alacante "Parece ser que si que puxeron unha demanda de afastamento polos veciños que denunciaron, pero xa estaba sobresido, cando pase todo isto analizaremos as cousas e veremos que foi o que pasou, pero de momento está todo baixo o segredo do sumario"

O Concello de Moraira, que condenou o crime, decretou 24 horas de loito e na Subdelegación do Goberno tamén se celebrou unha concentración de protesta contra este novo crime machista.
 

Noticias web

19/02/2020