CRTVG

Buscar

O asasinato dunha muller, malia as mútiples denuncias contra o seu exmozo, causa indignación na Arxentina

Publicado o 18/02/2021 18:29

Centos de persoas saíron ás rúas de Bos Aires e doutras cidades do país para protestar polos numerosos crimes machistas que está a sufrir A Arxentina, onde cada ano son asasinadas máis de 200 mulleres.

Indignación e rabia na Arxentina por unha violencia machista que non cesa. O movemento Nin unha Menos manifestouse fronte aos tribunais para gritar "basta!" polos asasinatos de mulleres, e tamén para pedir unha xustiza con auténtica perspectiva de xénero. "Non se pode máis. Non se pode soster. Se non nos mata a covid, mátannos os feminicidas".

O último caso que conmocionou a sociedade foi a morte de Úrsula Bahillo, unha moza de tan só 18 anos que foi asasinada presuntamente pola súa exparella, a pesar das numerosas denuncias que interpuxo na súa contra. O caso de Úrsula é a pinga que rebordou o vaso. Estaba claro que nos iamos mobilizar despois disto".

Segundo datos de diversos observatorios, no 2021 unha muller foi asasinada cada 29 horas na Arxentina.

Noticias web

18/02/2021