CRTVG

Buscar

O asalto ao Capitolio xa ten o primeiro condenado: oitro meses de prisión para un home da Florida

Publicado o 20/07/2021 09:50
O asalto ao Capitolio xa ten o primeiro condenado: oitro meses de prisión para un home da Florida

Primeira sentenza de cárcere por un delito vinculado ao asalto ao Capitolio dos Estados Unidos. Un home, operador de guindastre de 38 anos e residente na Florida, foi condenado a oito meses de prisión por obstruír un procedemento oficial ao entrar no Senado.

O acusado pediu perdón, amosouse avergoñado do seu comportamento e dixo que se deixara levar polo entusiasmo. Pero o caso é que viaxou dende Florida equipado con diversos materiais e entrou á forza no edificio oficial levando unha bandeira de Donald Trump. Hai máis de 570 imputados por este asalto.

Noticias web

20/07/2021