CRTVG

Buscar

O arroaz da ría de Muros-Noia déixase ver pola mesma beira da praia

Publicado o 08/06/2021 13:07

Hai apenas unha semana aparecía un arroaz que semella estar instalado nas augas da ría de Muros-Noia. Onte estivo nadando de novo na mesma beira, alleo ás miradas dos bañistas que había na praia.

Está prohibido interactuar con el de calquera xeito. Trátase dun animal salvaxe, dunha especie protexida que, ademais, pode resultar perigoso polo seu tamaño, aínda que non sexa agresivo. As testemuñas da súa última aparición tiveron onte un comportamento exemplar. 

Noticias web

08/06/2021