O arquitecto ourensán Quico Jorreto crea casas modulares de baixo custo
A pandemia fixo medrar o interese polas vivendas unifamiliares de baixo custo. O arquitecto ourensán Quico Jorreto deseñou un modelo de casa modular desde os 75 metros cadrados e que se pode adaptar ás nesidades de cada cliente. A principal vantaxe é que precisa pouca man de obra e pode estar totalmente montada nuns dous meses. Ademais, o seu prezo é entre un 60 e un 80% máis barata que unha construción tradicional.
Esta é unha das casas modulares de baixo coste, Automonta. O deseño é do arquitecto ourensán Quique Jorreto que creou unha vivenda unifamiliar de alta tecnoloxía, cunha construción rápida, para estar rematada en dous meses.
O modelo básico é de 75 metros cadrados, con 2 dormitorios, salón-comedor e un baño pero pódese ampliar segundo o gusto do cliente. O seu prezo final rondaría os 50.000 euros.
Económica, de deseño e cunha alta eficiencia enerxética isto fai que a demanda deste tipo de vivenda de baixo coste esté aumentando nestes tempos.
O deseño recibiu o recoñecemento do Colexio de Arquitectos de Galicia, á mellor obra de baixo coste. A primeira está ubicada en Lais, no concello ourensán de Cenlle.