CRTVG

Buscar

O Arousa adiántase no campo do Adarve pero o líder acaba remontando

Publicado o 10/10/2021 14:02

Cun gol de Pedro Beda o Arousa conseguiu adiantarse no campo do poderoso Unión Adarve. Pero o equipo vilagarcián non puido manter a vantaxe. Foi chave o gol do empate de Dani Ramos, na última xogada da primeira parte. O definitivo 2-1 marcouno Álvaro Montejo no 57. Terceira derrota para o equipo de Otero, que estivo dirixindo o equipo logo do pasamento da súa nai. 

Noticias web

10/10/2021