CRTVG

Buscar

O Arenteiro naufraga no campo do Ceares (0-2)

Publicado o 18/09/2021 21:45

Na segunda Federación, o Arenteiro perdeu por dous goles a cero na súa visita ao campo do Ceares.

Os do Carballiño tiveron unha boa oportunidade na primeira metade nesta dobre oportunidade, primeiro cun lanzamento de Adrián Cruz e logo o remate de Eimil.

Na segunda parte chegaron os goles: o primeiro de Carlos Madeira no minuto 68... E no treito final do partido repetiría o dianteiro centro Madeira. Dous cero para os asturianos. O Arenteiro leva un punto en tres xornadas.

Noticias web

18/09/2021