CRTVG

Buscar

O Arenteiro e o Deportivo empatan en Espiñedo (1-1)

Publicado o 21/08/2021 09:25

O Deportivo xogou esta tarde no Carballiño ante o Arenteiro de Adri Castro o seu penúltimo amigable da pretemporada. Un partido no que foi convocado Celso Borges, malia estar incluido no ERTE do equipo coruñés. Entrou no minuto 70 cando o partido xa estaba empatado. Adiantouse o conxunto coruñés no minuto 4 da segunda metade cun gol de Noel. Empatou pouco despois o Arenteiro de penalti. Renan bateu a Alberto dende os 11 metros.
 

Noticias web

21/08/2021