CRTVG

Buscar

O Arde Lucus eleva ao 80 % a ocupación hoteleira en Lugo

Publicado o 16/06/2021 13:44

Chega o Arde Lucus e os hoteis de Lugo collen forza logo de tempos moi complicados por mor da pandemia. De xoves a domingo romans e castrexos tomarán a cidade, e iso vaise notar nos aloxamentos. A maioría están a ser reservas de última hora, sobre todo de clientes galegos.

Situación semellante nos restaurantes. din os hostaleiros que o alivio das restricións anima a xente a comer ou cear fora nestas festas. Iso si, o perfil do cliente mudou por completo respecto a outros anos.

O Arde Lucus comezará este xoves, con actos como a entrada das lexións pola ponte romana. Ata o domingo haberá actividades virtuais nas redes, pero tamén outras nas prazas da cidade. Iso si, nada de eventos de masas. Todo cun formato reducido e respectando sempre as medidas de seguridade.

Noticias web

16/06/2021